Construimos

Deseñamos solucións seguras e de alto rendemento para marcas ambiciosas coma a túa. Rápidas. Escalables. Atractivas.

¿Que facemos?

En Boneko vivimos pola e para a tecnoloxía, así que podes esperar que os nosos proxectos sexan innovadores, buscando sempre o stack ideal para cada proxecto, e non só o que nos permita ir máis rápido. Aínda que nos atrevemos con todo, isto é no que mellor traballamos.

Velocidade, por deseño.

Mandamos a burocracia ao carallo e afinamos o noso pipeline para entregar código de calidade, rápido e ben feito.

Prototipado áxil

Para landing pages e probas de UI, garantimos unha entrega en menos de tres días. Deseños orixináis, so para ti.

Ciclos semanais de sprint

Para aplicacións complexas, traballamos en sprints dunha semana, entregando código listo para despregar e totalmente probado no entorno de staging cada venres.

Acceso directo ao equipo técnico

Fala directamente cos enxeñeiros e arquitectos que están a construír o teu produto. Sen capas intermedias, sen filtros.

Sen sobrecarga

Construímos exactamente o que necesitas para validar os teus obxectivos de negocio. Áxil, enfocado e eficiente.

Propiedade do código

O código fonte é teu desde o primeiro día. Acceso completo a GitHub para que podas seguir o desenvolvemento en tempo real, sen dependencia do provedor nin sorpresas.

Construamos xuntos algo extraordinario

Estás preparado para que a nosa tecnoloxía transforme a túa empresa? Contacta connosco para dar o primeiro paso.