Velocidade, por deseño.

Mandamos a burocracia ao carallo e afinamos o noso pipeline para entregar código de calidade, rápido e ben feito.

Prototipado áxil

Para landing pages e probas de UI, garantimos unha entrega en menos de tres días. Deseños orixináis, so para ti.

Ciclos semanais de sprint

Para aplicacións complexas, traballamos en sprints dunha semana, entregando código listo para despregar e totalmente probado no entorno de staging cada venres.

Acceso directo ao equipo técnico

Fala directamente cos enxeñeiros e arquitectos que están a construír o teu produto. Sen capas intermedias, sen filtros.

Sen sobrecarga

Construímos exactamente o que necesitas para validar os teus obxectivos de negocio. Áxil, enfocado e eficiente.

Propiedade do código

O código fonte é teu desde o primeiro día. Acceso completo a GitHub para que podas seguir o desenvolvemento en tempo real, sen dependencia do provedor nin sorpresas.

Os nosos servizos de desenvolvemento web inclúen

Ofrecemos solucións dixitais escalables, seguras e de alto rendemento, adaptadas á túa empresa, desde sitios web ata aplicacións avanzadas.

01

Páxinas de aterraxe

Páxinas de aterraxe optimizadas para converter, rápidas, claras e orientadas a resultados medibles.

02

Paneis de control

Paneis personalizados que transforman datos complexos en información clara e accionable en tempo real.

03

Comercio electrónico

Solucións de comercio electrónico escalables e seguras, pensadas para rendemento, crecemento e conversións.

04

Modernización de aplicacións

Modernizamos aplicacións antigas para mellorar rendemento, seguridade e mantemento a longo prazo.

05

APIs REST e GraphQL

APIs robustas e ben deseñadas para integrar sistemas e servizos de forma eficiente.

06

Desenvolvemento á medida

Software feito á medida para resolver problemas reais e adaptarse ao teu negocio.

O noso stack

Estas son as nosas ferramentas preferidas