Construamos xuntos algo extraordinario
Estás preparado para que a nosa tecnoloxía transforme a túa empresa? Contacta connosco para dar o primeiro paso.
Preguntas máis frecuentes
Nesta sección atoparás respostas claras ás preguntas máis frecuentes. Se non atopas a información que buscas, non dubides en contactar connosco.
Servizos
¿Que servizos ofrecédes?
Temos dúas vertentes principais: unha dedicada ao desenvolvemento e outra á infraestrutura.
No ámbito do desenvolvemento ofrecemos todo tipo de solucións á medida, incluíndo:
-
Landing pages
-
Aplicacións móbiles
-
Integracións con IA
-
Comercio electrónico
-
Páxinas corporativas
-
Blogs
-
O que necesites
En canto á infraestrutura, especializámonos en:
-
Todo tipo de servizos en nubes xestionadas (AWS / Azure / GCP)
-
Servizos en nubes on-premise, especialmente clústeres de Kubernetes
-
Bases de datos (Postgres / MySQL / MongoDB / CouchDB)
Ademais, ofrecemos servizos transversais como monitorización, ciberseguridade, mantemento e optimización.
Que tecnoloxías empregades?
<>Literalmente, de todo! Somos tecnólogos por definición: encántanos a tecnoloxía e, ademais do noso traballo, tamén é o noso hobby. Pero aínda que sexa un pouco como responder se queres máis a Papá ou a Mamá, as nosas favoritas son Rust (principalmente para backends seguros e escalables), AstroJS / Tailwind para frontend (gústannos as páxinas que cargan rápido) e Kubernetes para infraestrutura (porque gústanos o risco escalando montañas, non escalando servizos).
Que garantías ofrecédes nos vosos servizos?
Estamos tan seguros do que facemos que ofrecemos garantía ilimitada na corrección de erros para desenvolvementos de software. Se fixemos algo mal, arranxámolo, sen importar o tempo que pasase.
Sobre Boneko
¿Donde están as vosas oficinas?
Somos firmes defensores do teletraballo e da conciliación como forma de contar con traballadores motivados e implicados, polo que non somos de estar quietos nun mesmo sitio. Pero se precisas poñernos cara, podes facelo en Boqueixón, a 15 minutos de Santiago de Compostela.
¿A que mercados dá servizo Boneko?
Temos experiencia traballando con importantes marcas de automoción, banca e seguros, pero tamén axudamos a despegar startups moi diversas, desde o sector inmobiliario ata o e-commerce. Fagas o que fagas, estarás en boas mans.